Escaparate de libros

Libros de Agustín Fernández Paz y otros libros relacionados

Todos los libros de Agustín Fernández Paz

Portada del libro Cartas de inverno (Edición cen mil) (Infantil E Xuvenil - Fóra De Xogo)

Cartas de inverno (Edición cen mil) (Infantil E Xuvenil - Fóra De Xogo)

Agustín Fernández Paz

Mejor precio encontrado: 13.3 €

Comprar
Despois dunha longa estadía en Quebec, o escritor Xabier Louzao volve a Galicia e atópase coas cartas que o seu amigo Adrián lle escribira durante a súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acudir na súa axuda. Pero alí, na vella casa colonial, os dous amigos terán que enfrontarse a misterios que talvez as persoas nin tan sequera somos quen de imaxinar.
Portada del libro Cartes d'hivern (Espurna)

Cartes d'hivern (Espurna)

Agustin Fernandez Paz

Mejor precio encontrado: 9.45 €

Comprar
Cartes d'hivern editado por Bromera edicions
Portada del libro Trece anos de Branca (PERISCOPIO)

Trece anos de Branca (PERISCOPIO)

Agustín Fernández Paz

Mejor precio encontrado: 9.69 €

Comprar
Branca está enferma de hepatite. Desde hai nove días está na cama e ten que gardar repouso absoluto durante cinco ou seis semanas. Unha eternidade! Encima ten que pasar o seu aniversario así, e é un aniversario importante: trece anos. Ese día regálanlle un álbum de fotos e súa nai proponlle que o complete para non se aburrir. E así, pouquiño a pouco, Branca vai lembrando distintos episodios da súa vida que nos permiten ir coñecendo como é e como foi esta rapariga de trece anos. A súa infancia, a súa forma de vivir, os problemas dos seus pais, o colexio, o seu primeiro amor? son escenas que van xurdindo grazas ao efecto evocador dunhas vellas fotografías.
Portada del libro Aire negro (Infantil E Xuvenil - Fóra De Xogo)

Aire negro (Infantil E Xuvenil - Fóra De Xogo)

Agustín Fernández Paz

Mejor precio encontrado: 11.54 €

Comprar
Cando o doutor Vítor Moldes comeza a traballar na clínica psiquiátrica Beira Verde, ten como primeira paciente a Laura Novo, unha muller coa memoria borrada, que ocupa as horas do día en escribir de xeito compulsivo o seu nome, aferrada a el coma se fose o único resto dalgún naufraxio emocional. Mediante unha terapia innovadora, o doutor consigue que a paciente abandoe a súa prisión interior e comece a lembrar o seu pasado.«Escríbao todo, reviva outra vez o que pasou. Escriba o que non é capaz de expresar con palabras en voz alta. Así irán collendo sentido as lembranzas que agora permanecen enmarañadas na súa memoria.» O doutor conseguirá que Laura rememore todo o que lle sucedeu nos meses anteriores, cando unha escura sombra parecía ameazar a súa vida. Ningún dos dous podía imaxinar que lle estaban abrindo a porta a unha realidade terrible, ao esqueceren que por baixo da tranquilizadora superficie da vida os terrores máis fondos agardan a ocasión propicia para destruírnos.
Portada del libro O centro do labirinto (Infantil E Xuvenil - Fóra De Xogo)

O centro do labirinto (Infantil E Xuvenil - Fóra De Xogo)

Agustín Fernández Paz

Mejor precio encontrado: 11.54 €

Comprar
A mediados do século XXI, a doutora Sara Mettmann, membro da organización que rexe os destinos de Europa desde a sombra, viaxa a Galicia acompañada polo seu fillo David.
A misteriosa desaparición de David será o inicio dunha cadea de desconcertantes sucesos que, coma un estraño pesadelo, acabará arrastrándoos a unha aventura que cambiará para sempre as súas vidas e talvez o destino da humanidade.
Portada del libro AS FRONTEIRAS DO MEDO, DE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ (Periscopio)

AS FRONTEIRAS DO MEDO, DE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ (Periscopio)

Agustín Fernández Paz

Mejor precio encontrado: 9.69 €

Comprar
As historias de terror teñen o efecto de remover nos seres humanos os medos atávicos que a civilización tenta ocultar baixo a aparencia da razón, a ciencia e o control. Mais todos sabemos da existencia de feitos que contradín toda lóxica, de realidades que fan abanear as nosas crenzas, por moito que pechemos os ollos e nos neguemos a admitilas. Nas páxinas deste libro, Agustín Fernández Paz mergúllanos en seis historias que traspasan «as fronteiras do medo».
Portada del libro La Nieve Interminable

La Nieve Interminable

Agustín Fernández Paz

Mejor precio encontrado: 9.45 €

Comprar
Un grupo de personas se reúne en una casa rural para escribir un conjunto de relatos de terror. Mientras permanecen allí, y según van pasando los días, el tiempo empeora y se inicia una tormenta de nieve que los aisla del resto del mundo.

Los huéspedes de la cabaña pasan el tiempo escribiendo y compartiendo sus relatos, pero no parecen darse cuenta de que hay una terrorífica historia que se está haciendo realidad
Portada del libro A neve interminable (Infantil E Xuvenil - Fóra De Xogo)

A neve interminable (Infantil E Xuvenil - Fóra De Xogo)

Agustín Fernández Paz

Mejor precio encontrado: 11.54 €

Comprar
Un equipo de guionistas -tres mulleres e dous homes- recibe a encarga de escribir os guións dunha futura serie de televisión que se titulará As fronteiras do medo. Para concentrarse no traballo, acordan recluírse nun hostal solitario, nas terras da Fonsagrada. E inverno, no hostal só viven o matrimonio que o rexenta e mais outros tres hóspedes. Ao terceiro día, comeza a nevar. Unha tormenta que semella non rematar nunca, que interrompe as comunicacións e o fluído eléctrico, e que os deixa illados do mundo. Mentres traballan nas historias da serie irán descubrindo que naquel hostal ninguén é quen aparenta ser e que un medo irrefreable comeza a filtrarse nas súas vidas.
A neve interminable é unha novela onde o misterio ocupa un lugar central. Nela explóranse os medos esenciais do ser humano e tamén aqueloutros orixinados pola desorde mundial deste século XXI. Un libro esencial na obra de Agustín Fernández Paz que vinte anos despois dialoga con Cartas de inverno.
Portada del libro Trece años de Blanca (PERISCOPIO)

Trece años de Blanca (PERISCOPIO)

Agustín Fernández Paz

Mejor precio encontrado: 9.2 €

Comprar
Blanca está enferma con hepatitis. Desde hace nueve días guarda cama y la han obligado a hacer reposo absoluto durante cinco o seis semanas. ­Una eternidad! Encima le toca pasar su cumpleaños así, y es un cumpleaños importante: trece años. Ese día le regalan un álbum de fotos y su madre le propone que lo complete para no aburrirse.
Portada del libro Corredores de sombra (Infantil E Xuvenil - Fóra De Xogo)

Corredores de sombra (Infantil E Xuvenil - Fóra De Xogo)

Agustín Fernández Paz

Mejor precio encontrado: 11.54 €

Comprar
Verán de 1995. No pazo dos Soutelo, ao facer unhas obras de restauración, descúbrese un esqueleto dentro dunha alfombra enrolada, oculto entre dous tabiques. Un cadáver emparedado hai máis de cincuenta anos, cun furado de bala na cabeza. Quen é o morto? Que man empuñou a pistola que o asasinou? Clara Soutelo, testemuña involuntaria da descuberta, asume o reto de desvelar o misterio que se agocha tras as dúas preguntas. Unha investigación complexa, que a levará a indagar no pasado da súa familia. Moito tempo despois, cando xa é maior, decídese a contar os sucesos daquel verán dos seus dezaseis anos, cando descubriu a plenitude do primeiro amor e mudou para sempre a súa forma de entender a vida. Corredores de sombra de Agustín Fernández Paz é un thriller moral onde se pretende desvelar un dobre misterio (quen é o morto, quen o asasinou?) que conleva unha investigación, con momentos de grande tensión, e unha resolución na liña das mellores novelas negras. Mais tamén é unha novela sobre a progresiva toma de conciencia da xove protagonista obrigada a elixir o camiño polo que quere facer a súa vida, mesmo se iso implica opoñerse a súa familia e todo o que significa. Unha novela memorable que confirma a Agustín Fernández Paz como un dos narradores primeiros da literatura galega.